A obra coa que estamos a traballar é o Monstro de cores e hoxe, imos facer unha viaxe por outras obras relacionadas coa temática desta mesma.
En primeiro lugar, faremos unha listaxe dos libros que eliximos e logo, seleccionamos algúns deles para presentar dunha forma un pouco máis extensa o seu contido.
Listaxe de libros relacionados co Monstro de cores
- Abad, A. &Pacheco, G. (2010). Taller de corazóns. Pontevedra: OQO.
- Balada, M. & Boatella, P. (2013) Un rey muy testarudo. Vilanova i la Geltrú (BCN) Carambuco.
- Balnes, S. & Lyona (2011). Yo mataré monstruos por ti. Madrid: Principal de los libros.
- Bauer, J. (2015). Madrechillona. Salamanca: Lóguez Ediciones.
- Bowlwy, T. & Baladan, A. (2013). Teño medo! Pontevedra: OQO.
- Bonameau, I. &Ichikawa, S. (2010). ¡A la cama monstruos! Barcelona: Corimbo.
- Cali, D. & Lotti, A. (2016). Cuando un elefante se enamora. Madrid: Anaya Infantil Juvenil.
- Campanari, J. & Olmos, R. (2014). Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro). Pontevedra: OQO.
- Carbonell, P. & Gómez, C. (2011). Un can e un gato. Pontevedra: OQO.
- Casalderrey, F. & Lima, T. (2009). Fiz, o coleccionista de medos. Pontevedra: OQO.
- Chaundler, R. & carvalho, B. (2008). Macario Dromedario. Pontevedra: OQO.
- Copons, J. (2015) Tristania Imperial. Barcelona: Babulinka Libros.
- Fortes, A. & Concejo, J. (2008). Fume. Pontevedra: OQO.
- Gómez Redondo, S. & Aparicio Catalá, A. (2014) Rabietas. Barcelona: Takatuka.
- Gravett, E. (2010) O gran libro dos medos do rato pequeno. Vigo: Patas de Peixe.
- Liao, J. (2010).El pez que sonreía. Cádiz:Barbara Fiore.
- Mariano Plaza, E. & Gutiérrez Serna, M. (2010). Recetas de lluvia y azúcar. Barcelona: Thule.
- Martínez, R. (2005). Gato Guille e os monstros.
- Mazo del, M. & Konstantinov, V. (2011). A min non me comas! Pontevedra: OQO.
- Mejuto, E. & Pacheco, G. (2007). Tres desexos. Pontevedra: OQO.
- Monloubou, L. (2013). Mimi “Tomatito”. Barcelona: Cubilete.
- Moscada, N. & Fatti, C. (2008). Soidades. Pontevedra: OQO.
- Núñez, M. & Cimatoribus, A. (2005). Rato Tom e rata Tomasa. Pontevedra: OQO.
- Núñez Pereira, C. et al (2013).Emocionario. Valencia: Palabras aladas.
- Prieto, I. (2006). Sal e azucre. Pontevedra: OQO.
- Quintero, A. & Somá, M. (2013). Non fai falta a voz. Pontevedra: OQO.
- Quintiá, X. &Quarello, M. A. C. (2007). Titiritesa. Pontevedra: OQO.
- Sauermann, M. & Heidschötter, U. (2013). El niño y la bestia. Barcelona: Obelisco.
- Vere, E. (2012). ¡A dormir monstruos! Barcelona: Juventud.
- Witek, J. & Toussey, C. (2015). Mis pequeños miedos. Barcelona: Bruño.
Os libros escollidos foron...
O gran libro dos medos do rato
pequeno
Gravett, E. (2010). O gran libro dos medos do rato pequeno. Vigo: Patas de Peixe.
Neste libro poderán poñerlle
nome a todas as fobias e medos que fan que unha persoa se sinta pequena.
Ademais, neste libro existen moitos espazos en branco para que escribas,
debuxes ou plasmes os teus medos no papel.
As ilustracións son moi
representativas dos medos que está describindo. Utiliza cores escuras para
ilustrar as fobias.
Cremos que é un libro moi
interesante para representar os medos que senten e, ademais plasmar no papel
que todo o mundo lle ten medo a algo e que pode haber unha solución para poder
afrontar eses medos e que non nos impidan facer cousas.
Un can e un gato
Carbonell,
P. & Gómez, C. (2011). Un can e un
gato. Pontevedra: OQO.
A través de ilustracións con cores pasteis
sobre fondo branco para que resalten, un can e un gato moi peculiares, sofren
diferentes situacións que porán a proba os seus sentimentos.
Dous animais moi diferentes que non se entenden pero xogan
xuntos e divírtense, ata que xorden problemas e enfádanse e volven a xogar. A
través de dous animais que sempre supuxemos que se teñen que levar mal, mostra
as emocións e reaccións derivadas das relacións entre amigos.
Esta obra é moi interesante xa que a través dunha historia
moi sinxela mostra os conflitos que poden xurdir e os posibles sentimentos que
estas desatan. Trata dende situacións cotiás, moitos estados de ánimo que
aparecen cada día na vida na aula: enfados, alegría, cariño, frustración,...
Sal e azucre
Prieto, I. (2006). Sal e azucre. Pontevedra: OQO.
Esta obra pareceunos moi interesante xa
que retrata a historia de dous velliños (sal e azucre) mostrando os seus
sentimentos a través da metáfora doce e salgada do mesmo, xa que uns días
queríanse e outros levábanse moi mal.
Ademais de tratar emocións difíciles de
explicar, utiliza outro tipo de representacións en tres dimensións que fan que
participemos máis na historia.
Mesturando a fotografía e a escultura
estes personaxes parecen sair do libro, e o autor mostra experiencias difíciles
de mostrar como son a dor pola separación, a necesidade de afecto. As cores que utiliza para os decorados son chamativas
para resaltar as figuras dos protagonistas, que retrata aos dous velliños dunha
maneira máis vangardista.
Rato Tom e rata Tomasa
Núñez,
M. & Cimatoribus, A. (2005). Rato Tom
e Rata Tomasa. Pontevedra: OQO.
Neste álbum retrátase moi ben a amizade, a tristeza pola
perda dun ser querido e a alegría ao recuperalo. Nel os dous ratiños son amigos
e celebran con viño e touciño ata que Tom caeu redondo do bidón. Tomasa saíu
vestida de loito da casa e contoulle a desgraza á cociñeira e esta á ola e todo
o mundo se entristeceu coa nova. É unha
historia moi triste encadeada que remata con final feliz e todos recuperan a
alegría.
Pareceunos interesante xa que trata a triste noticia da
perda dun ser querido con humor, xogando coa rima e a repetición. A través de ilustracións cor pasteis con
formas moi xeométricas retratan a historia con afecto e entusiasmo.
El pez que sonreía
Liao, J. (2010).El pez que
siempre sonríe. Cádiz:Barbara Fiore.
A través de ilustracións de acuarelas nas que predomina a cor azul, o
autor móstranos que a pesar de que o peixe tiña un sorriso para facer que fora
feliz, non era así xa que non era libre.
Mostra a tristeza dunha persoa que se apoia nun
pequeno animal para mitigala. Pensa que a través do sorriso do peixe acadará a
súa felicidade pero nos soños dáse conta de que non lle pode dar o que el non
consegue.
Pensamos que mostra valores humanos e sentimentos a
través dos soños e da amizade dun animal e unha persoa.
Monstruo triste, monstruo feliz
Miranda, A. e Emberley, E.
(2009). Monstruo triste, monstruo feliz. A
Coruña: Editorial Océano.
O álbum
ilustrado titulado “Monstruo triste,
monstruo feliz” é un libro cunha gran relación co conto que temos elixido
no noso blog. Non soamente polas emocións as que nos achega se non porque o
protagonista, é o mesmo, un monstruo.
Inclúe
unhas máscaras para que os nenos e nenas poidan xogar co protagonista do libro,
mais tamén nos fai unha conexión coas emocións e cores que reflexa o Monstro das cores.
A cor
amarela reflexa a felicidade, a vermella o enfado, a azul a tristeza... Pola
contra, ten unha cor que non se mostra no noso conto, a violeta. Esta, é o
sinónimo de diversión e xogo, que axuda ao neno a introducir unha nova emoción
que no outro conto non podemos coñecer.
Pareceunos
interesante este novo conto pola gran relación co Monstro das cores e porque, o igual que este, ten presente o tema
das emocións.
Amigos
Rodriguez, B. e Hensgen, A.
(2015). Amigos. Barcelona: Libros del
zorro rojo.
Amigos, non
é unha historia cunha trama tan igual o noso conto, mais parécenos interesante
enlazala con esta polo reflexo que mostra das emocións. Por outro lado, compre
destacar que non conta unha historia escrita se non que, a través de imaxes,
observase a historia dun neno (con medo a ir a escola) que se fai amigo dun
can.
Podemos
observar unha emoción tan complexa como é o medo, algo tan terrible para os
nenos como é a soidade ou outras tan fermosa coma a amizade, a protección dun
can cara un ser humano ou a fantasía.
Por isto,
este é un libro adecuado para os nenos e nenas e que pode axudalos a sentirse
identificados coas rutinas deste neno, cos medos a ir pola rúa ou co amor cara
os animais.
Madrechillona
Bauer, J. (2001). Madrechillona. Salamanca: Lóguez
Editorial.
Este libro
non o eliximos pola súa similitude co Monstro
das cores en canto a reflexar cores ou emocións similares pero si porque
fala dunha emoción moi complexa, algo que hoxe está a orde do día e polo que os
nenos e nenas sofren moito. O que nos referimos é o maltrato aos pequenos por parte dos seus pais, algo que
lles produce unha gran tristeza, medo e unha gran dor interior.
Por iso,
parécenos un bo libro, para que tanto pais coma nenos aprendan a respectarse
uns a outros e a non maltratar a ninguén porque se un neno sofre na infancia
vai coller unha tristeza para a toda a vida
e un sufrimento que non merece.
É unha
emoción menos frecuente que as reflexadas no noso libro ou nos mencionados
anteriormente pero parécenos importante destacala e mostrar os nenos un libro
deste tipo. Aínda sendo complexo, é un tema o que deberíamos dar coñecemento
nas escolas.
Nacido del corazón
Serrano, B e Serrano, A.
(2015). Nacido del corazón. Madrid:
Kókinos.
Este coñecido libro
publicado no 2015 chamounos especialmente a atención porque axuda aos nenos a
comprender a diversidade e respectarse todos sendo diferentes. Ademais, pode
axudar aos nenos adoptados a sentirse igual ca os nenos que nacen do ventre de
súas nais porque vense reflexados neste conto e observan como isto non é un
problema se non unha virtude porque unha nai pode parir a un neno de corazón e
non de verdade e querelo igual ou máis.
É un libro cunha boa e
novidosa temática porque hoxe en día son moitas as variedades nas familias:
unhas teñen so un pai, outras unha nai, outras dúas nais, outras fillos
adoptados... Mais todas elas son iguais de boas e marabillosas e esta, é unha
historia moi adecuada para levar a aula e coa que, xunto co monstro das cores e
outros moitos contos, podemos formar un bo proxecto sobre as emocións e
somerxer aos nenos neste mundo tan complexo e difícil de explicar.
Rabietas
Gómez, S. e Aparicio, A.
(2014). Rabietas. Takatuka.
Este álbum
ilustrado orientase cara o enfado dos nenos cando alguén non fai o que eles
queren, todo se volve de cor vermella e non atopan solución para iso polo que montan
a chamada “xenreira”. Moitos son os pais que non saben como evitalo ou que
chegan a facer o que os nenos queren soamente para que se lles esqueza esa cor
vermella e ese gran enfado.
Por iso,
esta historia pode ser un referente para moitos nenos que fan estas cousas e
que poden verlle a súa parte mala cando escoiten este fermoso conto sobre o
tema. Nós, persoalmente escollémolo por ser unha historia que se identifica
tanto coa realidade diaria e que, ademais, ten unha conexión co Monstro das cores ao falar das cores das
emocións e dar o enfado esa cor vermella que o caracteriza.
Helio con hache
Gómez, S. e Armand. (2015).
Helio con hache. Takatuka.
Helio
con hache é unha historia que reflexa a tristeza ou enfado que
produce nos nenos e nenas a chegada dun irmán pequeno. Senten que xa ninguén
lles fai caso, que o único importante é o novo da familia, que non os queren...
Mais este libro é unha boa historia para axudarlles a entender, por medio do
humor, que a chegada dun irmán é motivo de felicidade e alegría.
Baixo o noso punto de vista
ten unha gran relación co noso libro pola súa mestura de emocións e por axudar a
pequena Estrela a entender estes sentimentos tan complexos que sente coa
chegada do seu irmán e ordénalos ata chegar a sentirse feliz e coidar de Helio.
É un libro moi adecuado para
os nenos e nenas e o seu traballo na aula pola súa similitude coa realidade e
con algo tan común na súa vida como son os celos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario