jueves, 5 de mayo de 2016

O Monstro das cores quere xogar contigo, apúntaste?

Si! Imos xogar co noso amigo o Monstro!

Tiñamos decidido que queriamos traballar todas as emocións que se plasmaban no libro do monstro pero, unha das premisas deste traballo era a conexión de todas as actividades entre si. A nosa maior dificultade foi cumprir esta condición xa que non eramos capaces  de encontrar o modo de que todas as tarefas tivesen un fío común.
Despois de moito cavilar pensamos que unha forma divertida, distinta e innovadora era xuntalas todas elas nun GRAN TABOLEIRO e deixariamos a sorte que fixese o seu traballo.

Os obxectivos escollidos por nós foron...

  • Adquirir mellor coñecemento das propias emocións.
  • Identificar as emocións nos demais.
  • Desenvolver a habilidade de controlar as propias emocións.
  • Previr os efectos prexudiciais das emocións negativas.
  • Adoptar unha actitude positiva ante a vida.
  • Potenciar a capacidade para ser feliz.
  • Desenvolver a capacidade de controlar o estrés, ansiedade e estados depresivos.
  • Mellorar o traballo en equipo na aula.
Actividades:

A  oca das emocións

Antes de comezar con esta rutina, contaremos o álbum ilustrado Monstro de Cores e falaremos na asemblea o que saben de cada unha das emocións do libro. Na Oca das Emocións viaxaremos polos diferentes mundos que nos farán experimentar diferentes sensacións.
Unha vez lido o conto, elaborarase un gran taboleiro en papel continuo no que aparecerán as imaxes e as cores que representa cada emoción (como podemos ver na fotografía adxunta), e un dado cos números correspondentes ata o seis.

Exemplo para a realización da oca en tamaño real


Taboleiro da oca que nós mesmos realizamos para a presentación desta actividade







Cada semana durante todo o curso, o encargado do día tirará o dado e segundo o número que saia desprazarase ata o recadro correspondente. A continuación mostramos un exemplo de actividades para cada unha das emocións. Cabe destacar que no momento no que se repita a cor, a actividade será diferente.  
Neste caso, comezamos esta viaxe na cor negra, que representa o medo.


Caixa dos medos

Materiais

  • Caixa
  • Elementos que os asusten: arañas, avespas, a escuridade, os monstros, os pesadelos, pelexas, golpearse,...
  • Cores e materiais para personalizar.

Agrupamentos

Participará todo o grupo clase e cada un falará do seu medo individualmente.

Temporalización

30-40 minutos

Desenvolvemento:

Antes de comezar esta actividade, falaremos co alumnado sobre que é o medo e como nos sentimos cando aparece.

Cada neno, debuxará ou intentará escribir nun papel o medo que sinte e o introducirá na caixa.
Cos ollos pechados, o alumnado irá sacando un dos papeis da caixa e preguntará a quen lle da medo; por exemplo a escuridade, e cada un irá explicando porqué lles produce ese sentimento. Deste xeito, falarán eles mesmos sobre os medos e poderemos observar nas súas expresións o sentimento que lles produce ese pensamento.
Ademais desta actividade, sobre o medo poderemos facer outras como: un boneco Sacapenas, un “atrapasoños” ou un labirinto dos medos.

A nosa caixa dos medos












Buscando as emocións

Materiais

  • Dous caldeiros, un vermello e outro verde.
  • Debuxos con situacións que representen as diferentes emocións.

Agrupamentos

Dous grupos. Un que represente a calma (cor verde) e outro o enfado (cor vermella).


Temporalización

30 minutos

Desenvolvemento

Nesta actividade dividiremos ao alumnado en dous grupos diferentes e colocaremos pola aula imaxes representando a calma e o enfado. Unha vez feito isto, asignaremos a cada grupo unha das cores para que saiban cal é a emoción que lles corresponde buscar e comezarán a xogar.
O grupo verde deberá buscar as imaxes que representen calma coma por exemplo unha nena regando as plantas ou un neno descansando. Pola contra, o grupo vermello deberá buscar as fotografías sobre o enfado coma o lume, un neno con mala cara ou unha nai rifando co seu fillo.
As que correspondan a súa cor deberán levalas ao caldeiro asignado e o final do xogo mirará a mestra se as imaxes están colocadas correctamente no seu sitio.
Con estas emocións podemos realizar outras moitas actividades coma exercicios de relaxación, xogos para expulsar a ira ou xogos de boxeo.

Imaxes que representan como sería o xogo dentro da aula:






 A música da alegría

Recursos

  • A voz e o corpo dos nenos e nenas

Agrupamentos

Todo o grupo en conxunto

Temporalización

20 minutos

Desenvolvemento

Nun corro, a mestra presentará aos nenos unha canción de elaboración propia, cantaralla varias veces ó alumnado e cando xa a teñan aprendida, mostraralles os movementos que teñen que facer mentres cantan a canción.
Con esta actividade introducirémolos no mundo da música e da expresión corporal.

Letra:



As agachadas ao revés

Recursos

  • Espazo de xogo aberto

Agrupamentos

Todo o grupo clase

Temporalización

25-30 minutos

Desenvolvemento

A mestra escolle a un neno ou nena e os demais deben buscalo. Cando un alumno ou alumna atopa ao que estaba agochado deben ir uníndose progresivamente a ele sen que os demais se decaten para finalmente quedar escondidos xuntos. Desta maneira o primeiro que se sentía so e triste, cando todos os seus compañeiros van chegando a xunto de el comeza a desaparecer ese sentimento de tristeza.

Imaxe representativa, realizada con power point, para unha mellor explicación do xogo



Ollos pechados cara o amor

Materiais
  • Antefaces para tapar os ollos
  • Música lenta-romántica
  • Brazos abertos para unha gran aperta

Agrupamentos

Todo o grupo clase

Temporalización

20 minutos

Desenvolvemento

Nesta actividade, os nenos e nenas terán os ollos pechados baixo un anteface e moveranse por un espazo delimitado no que terán que atopar una parella a través dunha aperta
É un xogo simple e moi común mais será unha boa idea para que traballen na aula de psicomotricidade e poidan aprender a buscar unha persoa a que darlle unha aperta sen ter que ir sempre cara o compañeiro ou compañeira coa que teñan máis afinidade.
Ademais, pode axudar a enlazar a actividade co final do noso álbum ilustrado onde o protagonista, o Monstro de cores, se namora da nena que lle axudou a dar sentido as súas emocións.

Representación da figura dos nenos e nenas durante o xogo



Avaliación


Proposta de avaliación                                 
SI
NO
Identifican as emocións


  • Medo


  • Tristeza


  • Alegría


  • Calma


  • Enfado


  • Amor


Son capaces de expresarse segundo o que sintan en cada momento


Son capaces de sentir empatía e poñerse no lugar do outro


Tiveron unha actitude positiva ante a realización das actividades


Serviu para fomentar o traballo colaboracionista na aula


Superaron os posibles medos as emocións “negativas”


No hay comentarios:

Publicar un comentario