Descubrindo emocións


O Monstro de cores é un álbum ilustrado que ofrece moitas posibilidades dentro da aula, axuda aos nenos a entender os seus sentimentos dun xeito moi sinxelo e motivaos cara o mundo da lectura.
Por iso, queremos ofrecer diversas actividades que vos axuden a vós, os lectores, e a nós, coma futuros mestres a viaxar por esta marabillosa obra.


Spaghetis, macarróns e cores


-Actividade levada a cabo por unha das componentes do grupo durante as súas prácticas.


Un día, viaxando pola rede atopeime varias ideas sobre o conto do Monstro de cores e entre elas había unha que falaba de pasta de colores relacionandoa con esta obra elixida por nós.

Chamou moito a miña atención e conseguiu ser unha das actividades principais dentro do meu apartado das prácticas: Descubrindo contos.

Era unha actividade con ideas sacadas de internet pero a cal lle dei un xiro para non facer unha copia.
Comecei lendo o conto cós nenos na aula, logo vimos un vídeo sobre o mesmo e posteriormente, dixenlles que o día seguinte iamos facer unha gran actividade coa que mancharíamos as máns, encheríamos a aula de sorrisos e viaxaríamos a pel do monstruo.

Materiais:



  • Témperas de cores
  • Spaghetis e macarróns cocidos
  • Pratos para dividilos
  • Xornais












Desenvolvemento:

Ao chegar a hora de dar comezo a actividade, fixemos un recordatorio da obra na pizarra dixital sobre o conto e que soubesen cales eran as cores que correspondían a cada emoción.

Debuxamos uns botes, demoslles cor e logo, entre todos, engadimos algunha emoción máis para darlle cor.

Puxemos xornais por todas as mesas para poder traballar sen manchar as mesas e logo, demos comezo. Collemos a pasta cando estaba lista con todas as cores elixidas...










Puxemola en pratos e demoslla por parellas aos nenos e debían revolvela durante un tempo dependendo da emoción que reflexaba.





Por exemplo, a pasta amarela debían movela durante máis tempo porque a emoción de felicidade que representa é moito máis movida ca tristeza ou a calma.
En cambio a verde, unha cor que representa a calma non podían movela moito.

Este foi o sistema da actividade ata que o final, todos os nenos e nenas, sin darlles unha orde ou explicarlles como seguir tomaron a iniciativa de mesturar todas as cores e facer o que facía o monstro o comezo do conto, estar feito unha liorta coas súas emocións. Nese momento, sentinme moi ben o ver coma os nenos e nenas se aprenderan o conto e desfrutaran coa actividade levada a cabo.

Deste xeito, traballei con eles todas as emocións, as cores e o traballo en equipo, algo moi importante dentro da educación infantil.

Baixo o noso punto de vista como grupo, pensamos que estas actividades son fundamentais dentro da aula porque os alonxa do traballo por fichas que se fai para eles moi cotiá e deixa aos nenos imaxinar, crear e achegarse ao conto dun xeito novidoso e motivador.

Finalidade:

Conseguir que os nenos e nenas traballen dentro do mundo da biblioteca, os contos e os álbumes ilustrados mais buscando un xeito novo de levalo a cabo.

Este conto ofrece unha gran variedade de posibilidades para traballalo e a nosa intención como futuros mestres é que os nenos aprendan facendo e con actividades coma esta poderán facelo.

Para finalizar, destacar que foi para os nenos unha experiencia inolvidable e que a súa ilusión aumentou cando puideron agocharse eles mesmos na obra.











O labirinto do monstro

Materiais: 

Cartolinas de cores







 Tarxetas do Monstro de cores




Canción do monstro de cores



Agrupamento: 

Dous equipos A e B que competirán por uns diplomas e sobre todo por traballar xuntos cara un mesmo obxectivo.

Temporalización: 40 minutos.

Desenvolvemento da actividade: 

En primeiro lugar recordámoslles aos nenos cun vídeo de que vai o conto para poñernos coa actividade e logo, explicámoslles cal é o a forma de xogo.
Contámoslles que terán unha cartolina por cada cor/emoción do monstro e cada un do equipo, terá dúas pequenas tarxetas cun monstro e a súa cor. Logo, a mestra contará ata dez cos ollos pechados mentres os membros do equipo corren a poñer a súa tarxeta na cartolina correspondente. Se ao rematar de contar queda algunha tarxeta sen colocar ou están no lugar equivocado, non se sumará ese punto.

Repetirase o xogo varias veces entre os dous equipos ata sumar a puntuación final e saber cal foi o equipo gañador.

Posta en práctica na aula de infantil de 4 anos (5º B de educación infantil) do CEIP Paradai.





Foi unha actividade que os motivou moito grazas a que todos podían participar e que o xogo era o tema principal. É unha escola que traballa con fichas e sairse do común é para eles un motivo de alegría.

Pareceunos importante incluila no blog pola gran relación co Monstro de cores e para aportar a este máis información. Ademais, como a levamos a cabo nunha aula serve para que os que visitedes este blog vexades que o álbum ilustrado elixido por nós ten unha gran variedade de recursos e motiva especialmente aos nenos e nenas.

Día a día co Monstro de cores

A actividade da que imos falar non foi levada  a cabo nunha aula mais si que nos parece interesante porque poderíase utilizar coma unha rutina diaria.
As emocións son algo fundamental na educación infantil e axudar aos nenos, con este álbum, a entendelas é algo moi importante.

Materiais:

Círculos de cores
Botes grandes de cartón cunha parte da cor desa emoción

Agrupamentos:

Todo o grupo-clase. Participarán individualmente todos os días.

Actividade:

En primeiro lugar, realizaremos coa axuda dos nenos e nenas uns botes de material de refugallo, neste caso con cartón, en gran tamaño. Estes, estarán situados nun dos corchos da aula cando rematemos a súa elaboración.
Posteriormente explicarémoslles que cada un vai ter seis círculos, un por cada cor do conto, e que cada día deberá poñer nos botes como se sinte.
Por exemplo, unha nena que se chama Lucía chegará un día a aula enfadada co seu irmán e terá que colocar a súa tarxeta vermella dentro do bote vermello.
Será un xeito de que relacionen as emocións coas cores e que sempre teñan moi presente como se senten. Por iso, dentro da asemble vaiselle dar moita importancia a escoitalos falar de por qué se senten así ese día e fomentaremos esa pedagoxía da escoita dentro da aula.
Eles sentirán que lles facemos caso e ademais adaptaranse a esta fermosa rutina que lles axudará non so en infantil se non na súa vida posterior.

Botes de cores colocados na aula


Exemplos dos círculos de cada neno ou nena


Exemplo da actividade diaria

Consideramos moi divertida e importante esta actividade dentro da aula e gustarianola poñer en práctica no noso futuro como docentes. 

Esperamos que vos pareza igual de interesante cando fagades unha visita polo noso blog! GRAZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario