lunes, 25 de abril de 2016

Con qué álbumes podemos descubrir as emocións?


A obra coa que estamos a traballar é o Monstro de cores e hoxe, imos facer unha viaxe por outras obras relacionadas coa temática desta mesma.

En primeiro lugar, faremos unha listaxe dos libros que eliximos e logo, seleccionamos algúns deles para presentar dunha forma un pouco máis extensa o seu contido.





Listaxe de libros relacionados co Monstro de cores


  • Abad, A. &Pacheco, G. (2010). Taller de corazóns. Pontevedra: OQO.
  • Balada, M. & Boatella, P. (2013) Un rey muy testarudo. Vilanova i la Geltrú (BCN) Carambuco.
  • Balnes, S. & Lyona (2011). Yo mataré monstruos por ti. Madrid: Principal de los libros.
  • Bauer, J. (2015). Madrechillona. Salamanca: Lóguez Ediciones.
  • Bowlwy, T. & Baladan, A. (2013). Teño medo! Pontevedra: OQO.
  • Bonameau, I. &Ichikawa, S. (2010). ¡A la cama monstruos! Barcelona: Corimbo.
  • Cali, D. & Lotti, A. (2016). Cuando un elefante se enamora. Madrid: Anaya Infantil Juvenil.
  • Campanari, J. & Olmos, R. (2014). Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro). Pontevedra: OQO.
  • Carbonell, P. & Gómez, C. (2011). Un can e un gato. Pontevedra: OQO.
  • Casalderrey, F. & Lima, T. (2009). Fiz, o coleccionista de medos. Pontevedra: OQO.
  • Chaundler, R. & carvalho, B. (2008). Macario Dromedario. Pontevedra: OQO.
  • Copons, J. (2015) Tristania Imperial. Barcelona: Babulinka Libros.
  • Fortes, A. & Concejo, J. (2008). Fume. Pontevedra: OQO.
  • Gómez Redondo, S. & Aparicio Catalá, A. (2014) Rabietas. Barcelona: Takatuka.
  • Gravett, E. (2010) O gran libro dos medos do rato pequeno. Vigo: Patas de Peixe.
  • Liao, J. (2010).El pez que sonreía. Cádiz:Barbara Fiore.
  • Mariano Plaza, E. & Gutiérrez Serna, M. (2010). Recetas de lluvia y azúcar. Barcelona: Thule.
  • Martínez, R. (2005). Gato Guille e os monstros.
  • Mazo del, M. & Konstantinov, V. (2011). A min non me comas! Pontevedra: OQO.
  • Mejuto, E. & Pacheco, G.  (2007). Tres desexos. Pontevedra: OQO.
  • Monloubou, L. (2013). Mimi “Tomatito”. Barcelona: Cubilete.
  • Moscada, N. & Fatti, C. (2008). Soidades. Pontevedra: OQO.
  • Núñez, M. & Cimatoribus, A. (2005). Rato Tom e rata Tomasa. Pontevedra: OQO.
  • Núñez Pereira, C.  et al (2013).Emocionario. Valencia: Palabras aladas.
  • Prieto, I. (2006). Sal e azucre. Pontevedra: OQO.
  • Quintero, A. & Somá, M. (2013). Non fai falta a voz. Pontevedra: OQO.
  • Quintiá, X. &Quarello, M. A. C. (2007). Titiritesa. Pontevedra: OQO.
  • Sauermann, M. & Heidschötter, U. (2013). El niño y la bestia. Barcelona: Obelisco.
  • Vere, E. (2012). ¡A dormir monstruos! Barcelona:  Juventud.
  • Witek, J. & Toussey, C. (2015). Mis pequeños miedos. Barcelona: Bruño.



Os libros escollidos foron...


O gran libro dos medos do rato pequeno

Gravett, E. (2010). O gran libro dos medos do rato pequeno. Vigo: Patas de Peixe.



Neste libro poderán poñerlle nome a todas as fobias e medos que fan que unha persoa se sinta pequena. Ademais, neste libro existen moitos espazos en branco para que escribas, debuxes ou plasmes os teus medos no papel.
As ilustracións son moi representativas dos medos que está describindo. Utiliza cores escuras para ilustrar as fobias.
Cremos que é un libro moi interesante para representar os medos que senten e, ademais plasmar no papel que todo o mundo lle ten medo a algo e que pode haber unha solución para poder afrontar eses medos e que non nos impidan facer cousas.


Un can e un gato

Carbonell, P. & Gómez, C. (2011). Un can e un gato. Pontevedra: OQO.



 A través de ilustracións con cores pasteis sobre fondo branco para que resalten, un can e un gato moi peculiares, sofren diferentes situacións que porán a proba os seus sentimentos. 
Dous animais moi diferentes que non se entenden pero xogan xuntos e divírtense, ata que xorden problemas e enfádanse e volven a xogar. A través de dous animais que sempre supuxemos que se teñen que levar mal, mostra as emocións e reaccións derivadas das relacións entre amigos.
Esta obra é moi interesante xa que a través dunha historia moi sinxela mostra os conflitos que poden xurdir e os posibles sentimentos que estas desatan. Trata dende situacións cotiás, moitos estados de ánimo que aparecen cada día na vida na aula: enfados, alegría, cariño, frustración,...


Sal e azucre

Prieto, I. (2006). Sal e azucre. Pontevedra: OQO.



Esta obra pareceunos moi interesante xa que retrata a historia de dous velliños (sal e azucre) mostrando os seus sentimentos a través da metáfora doce e salgada do mesmo, xa que uns días queríanse e outros levábanse moi mal.
Ademais de tratar emocións difíciles de explicar, utiliza outro tipo de representacións en tres dimensións que fan que participemos máis na historia.
Mesturando a fotografía e a escultura estes personaxes parecen sair do libro, e o autor mostra experiencias difíciles de mostrar como son a dor pola separación, a necesidade de afecto.  As cores que utiliza para os decorados son chamativas para resaltar as figuras dos protagonistas, que retrata aos dous velliños dunha maneira máis vangardista.


Rato Tom e rata Tomasa

Núñez, M. & Cimatoribus, A. (2005). Rato Tom e Rata Tomasa. Pontevedra: OQO.



Neste álbum retrátase moi ben a amizade, a tristeza pola perda dun ser querido e a alegría ao recuperalo. Nel os dous ratiños son amigos e celebran con viño e touciño ata que Tom caeu redondo do bidón. Tomasa saíu vestida de loito da casa e contoulle a desgraza á cociñeira e esta á ola e todo o mundo se entristeceu coa nova. É  unha historia moi triste encadeada que remata con final feliz e todos recuperan a alegría.
Pareceunos interesante xa que trata a triste noticia da perda dun ser querido con humor, xogando coa rima e a repetición.  A través de ilustracións cor pasteis con formas moi xeométricas retratan a historia con afecto e entusiasmo.


El pez que sonreía

Liao, J. (2010).El pez que siempre sonríe. Cádiz:Barbara Fiore.



A través de ilustracións  de acuarelas nas que predomina a cor azul, o autor móstranos que a pesar de que o peixe tiña un sorriso para facer que fora feliz, non era así xa que non era libre.
Mostra a tristeza dunha persoa que se apoia nun pequeno animal para mitigala. Pensa que a través do sorriso do peixe acadará a súa felicidade pero nos soños dáse conta de que non lle pode dar o que el non consegue.
Pensamos que mostra valores humanos e sentimentos a través dos soños e da amizade dun animal e unha persoa.


Monstruo triste, monstruo feliz

Miranda, A. e Emberley, E. (2009). Monstruo triste, monstruo feliz. A Coruña: Editorial Océano.


O álbum ilustrado titulado “Monstruo triste, monstruo feliz” é un libro cunha gran relación co conto que temos elixido no noso blog. Non soamente polas emocións as que nos achega se non porque o protagonista, é o mesmo, un monstruo.
Inclúe unhas máscaras para que os nenos e nenas poidan xogar co protagonista do libro, mais tamén nos fai unha conexión coas emocións e cores que reflexa o Monstro das cores.
A cor amarela reflexa a felicidade, a vermella o enfado, a azul a tristeza... Pola contra, ten unha cor que non se mostra no noso conto, a violeta. Esta, é o sinónimo de diversión e xogo, que axuda ao neno a introducir unha nova emoción que no outro conto non podemos coñecer.
Pareceunos interesante este novo conto pola gran relación co Monstro das cores e porque, o igual que este, ten presente o tema das emocións.


 Amigos

Rodriguez, B. e Hensgen, A. (2015). Amigos. Barcelona: Libros del zorro rojo.


Amigos, non é unha historia cunha trama tan igual o noso conto, mais parécenos interesante enlazala con esta polo reflexo que mostra das emocións. Por outro lado, compre destacar que non conta unha historia escrita se non que, a través de imaxes, observase a historia dun neno (con medo a ir a escola) que se fai amigo dun can.
Podemos observar unha emoción tan complexa como é o medo, algo tan terrible para os nenos como é a soidade ou outras tan fermosa coma a amizade, a protección dun can cara un ser humano ou a fantasía.
Por isto, este é un libro adecuado para os nenos e nenas e que pode axudalos a sentirse identificados coas rutinas deste neno, cos medos a ir pola rúa ou co amor cara os animais.


Madrechillona

Bauer, J. (2001). Madrechillona. Salamanca: Lóguez Editorial.


Este libro non o eliximos pola súa similitude co Monstro das cores en canto a reflexar cores ou emocións similares pero si porque fala dunha emoción moi complexa, algo que hoxe está a orde do día e polo que os nenos e nenas sofren moito. O que nos referimos é o maltrato aos  pequenos por parte dos seus pais, algo que lles produce unha gran tristeza, medo e unha gran dor interior.
Por iso, parécenos un bo libro, para que tanto pais coma nenos aprendan a respectarse uns a outros e a non maltratar a ninguén porque se un neno sofre na infancia vai coller unha tristeza para a toda a vida  e un sufrimento que non merece.
É unha emoción menos frecuente que as reflexadas no noso libro ou nos mencionados anteriormente pero parécenos importante destacala e mostrar os nenos un libro deste tipo. Aínda sendo complexo, é un tema o que deberíamos dar coñecemento nas escolas.


Nacido del corazón

Serrano, B e Serrano, A. (2015). Nacido del corazón. Madrid: Kókinos.


Este coñecido libro publicado no 2015 chamounos especialmente a atención porque axuda aos nenos a comprender a diversidade e respectarse todos sendo diferentes. Ademais, pode axudar aos nenos adoptados a sentirse igual ca os nenos que nacen do ventre de súas nais porque vense reflexados neste conto e observan como isto non é un problema se non unha virtude porque unha nai pode parir a un neno de corazón e non de verdade e querelo igual ou máis.
É un libro cunha boa e novidosa temática porque hoxe en día son moitas as variedades nas familias: unhas teñen so un pai, outras unha nai, outras dúas nais, outras fillos adoptados... Mais todas elas son iguais de boas e marabillosas e esta, é unha historia moi adecuada para levar a aula e coa que, xunto co monstro das cores e outros moitos contos, podemos formar un bo proxecto sobre as emocións e somerxer aos nenos neste mundo tan complexo e difícil de explicar.


Rabietas

Gómez, S. e Aparicio, A. (2014). Rabietas. Takatuka.


Este álbum ilustrado orientase cara o enfado dos nenos cando alguén non fai o que eles queren, todo se volve de cor vermella e non atopan solución para iso polo que montan a chamada “xenreira”. Moitos son os pais que non saben como evitalo ou que chegan a facer o que os nenos queren soamente para que se lles esqueza esa cor vermella e ese gran enfado.
Por iso, esta historia pode ser un referente para moitos nenos que fan estas cousas e que poden verlle a súa parte mala cando escoiten este fermoso conto sobre o tema. Nós, persoalmente escollémolo por ser unha historia que se identifica tanto coa realidade diaria e que, ademais, ten unha conexión co Monstro das cores ao falar das cores das emocións e dar o enfado esa cor vermella que o caracteriza.



 Helio con hache

Gómez, S. e Armand. (2015). Helio con hache. Takatuka.


Helio con hache é unha historia que reflexa a tristeza ou enfado que produce nos nenos e nenas a chegada dun irmán pequeno. Senten que xa ninguén lles fai caso, que o único importante é o novo da familia, que non os queren... Mais este libro é unha boa historia para axudarlles a entender, por medio do humor, que a chegada dun irmán é motivo de felicidade e alegría.
Baixo o noso punto de vista ten unha gran relación co noso libro pola súa mestura de emocións e por axudar a pequena Estrela a entender estes sentimentos tan complexos que sente coa chegada do seu irmán e ordénalos ata chegar a sentirse feliz e coidar de Helio.
É un libro moi adecuado para os nenos e nenas e o seu traballo na aula pola súa similitude coa realidade e con algo tan común na súa vida como son os celos.







lunes, 18 de abril de 2016

O mundo de Anna Llenas


Anna Llenas

Anna Llenas, nacida en Barcelona, é graduada en Deseño Gráfico pola Escola Llotja, ademais de ser licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Autónoma de Barcelona.

No que respecta a súa profesión, comezou a súa andaina no sector da publicidade como directora de arte no Grupo Bassat Ogilvy, un dos líderes de comunicación en España, pero chegado un momento, decidiu emprender o seu propio camiño.

Despois de especializarse en ilustración pola Escola Eina, comezou a crear os seus propios produtos e comercializalos a través de distintas canles. Ademais disto, tamén desenvolveu distintos proxectos gráficos para coñecidas marcas como Nestlé, La Vanguardia ou a Generalitat de Cataluña, entre outras.
Durante estes últimos anos formouse en Psicoterapia polo Arte e Formación Psicosocial na Universidade Pompeu Fabra y, actualmente, exerce como profesora e arteterapeuta especializada en arte e educación emocional. Llenas é a autora e ilustradora de albumes ilustrados que axudan, tanto a grandes como pequenos, a somerxerse no mundo das emocións, sendo traducidas a infinidade de linguas e chegando a multitude de países do mundo.


Entre as súas obras atópanse:

-          Llenas, A. (2016). Laberinto del alma. Barcelona: Fanbooks. Grup 62.
-          Llenas, A. (2015). Vacío. Cádiz: Barbara Fiore.
-          Llenas, A. (2015). Te quiero (casi siempre).Barcelona: Estrella Polar.
-          Llenas, A. (2014). Diario de las emociones. Barcelona: Paidós.
-          Llenas, A. (2014). O monstro das cores pop-up. Barcelona: Flamboyant.
-          Llenas, A. (2012). O monstro das cores. Barcelona: Flamboyant.
-          Llenas, A. (2012). Se eu fose un  gato.Pontevedra: OQO.
-          Llenas, A. (2011). El sol llega tarde. Barcelona: El Cep i la Nansa.
-          Llenas, A. (2011). Què et passa, Miola?. Barcelona: Cruïlla.
-          Llenas, A. (2010). La ratoncita al circo. Barcelona: Lynx



Esta autora non para de sorprendernos, coñecemos dúas obras dela (O monstro das cores e Te quiero (casi siempre)) e agora imos a mostrar as que están relacionadas coa educación en valores:

Laberinto del alma (2016)


Fala das diferentes caras, pensamentos e sentimentos polos que pode pasar o ser humano, 58 emocións e estados de ánimos expostos dunha maneira moi sinxela e descritiva. Danos a oportunidade de darlle nome ao que estamos sentindo. É un emocionario ilustrado da mellor maneira e o que fai é definir o que nos está acontecendo e o que estamos experimentando. Serve tanto para nenos e nenas como para adultos. 

Opinión sobre o libro

Vacío (2015)



Fala dunha nena que vive feliz e de pronto sufre situacións desagradables que lle provocan un burato que non é capaz de encher  polo que se centra en buscar o que hai no seu interior e aceptando o que lle está a pasar. A vida está chea de encontros e perdas, unhas máis importantes que outras e temos que saber identificalas e aceptalas. Trata sobre todo a capacidade de sobrepoñerse á adversidade e encontrarlle un sentido.

Te quiero (casi siempre) (2015)



Fala de dous individuos cunhas características moi diferentes que ás veces se queren e outras non se entenden. Axuda a comprender a diversidade e a aceptala, porque se gustan e aceptan como son aínda que ás veces lles molestan. Ensina ao alumnado a que non é moi fácil aceptar aos individuos como son, pero que debemos adaptarnos e poñernos no lugar dos demais para coñecer mellor a súa realidade. Esta obra parécenos que representa moi ben a capacidade de adaptación que ten o ser humano para amoldarnos e así aceptar aos demais como son. 

As veces quérense como son, outras non tanto pero a pesar de todo...Querense.
                       



Diario de las emociones (2014)



Con este álbum interactivo seremos capaces de identificar as nosas propias emocións, recoñecéndoas e expresándoas dunha forma divertida e práctica. Todo isto conseguirémolo a través dunha serie de exercicios, cos que dunha forma creativa, poderemos saber como encaixar os nosos sentimentos, tanto positivos como negativos. Isto fará posible que podamos coñecernos máis a nós mesmos.

El monstruo de colores en pop –up  (2014)


Marabillosa adaptación do monstro das cores en tres dimensións. Mostra dunha maneira moi ilustrativa as emocións a partir das metáforas coas que as describe.

Cando estás alegre, triste, enfadado, con medo, en calma... Sentimentos e emocións tan complexas e tan ben explicadas neste libro.       
                                             


El sol llega tarde (Ilustracións de Anna LLena, 2011).


Libro con ilustracións moi vivas e que mostran dunha maneira moi representativa a historia do sol. Ademais este libro como todas as publicacións da editorial Carambuco, veñen en lingua de signos e cun dvd co conto signado.