Xogamos e dramatizamos co Monstro de cores!

DRAMATIZACIÓN E CONTO MOTOR

O noso traballo estará dividido en dúas partes diferentes. Primeiro mostramos a estrutura da dramatización e as actividades dentro desta e logo, a estrutura do conto motor e as actividades motrices.
Dentro da propia dramatización contamos coa historia do Monstro de cores e dúas actividades mentres que no conto motor, contamos con oito actividades diferentes: dúas sobre todas emocións e as outras correspondentes a cada unha das emocións mencionadas no álbum ilustrado.

Dramatización:
Xa te volviches embrollar coas emocións?
Actividades da dramatización:
Desenleando os fíos de cores
A caixa dos medos
Conto motor:
Xogamos coas emocións de cores
Actividades:
Non me gusta estar so
Escalando a polas cores
Cubo das emocións
Coidado que queimo!
Como te sentes?
Estoupando os nosos medos
Buscando o monstro de cores
Unha fermosa aperta rosa

DRAMATIZACIÓN

Xa te volviches embrollar coas emocións?
Obxectivos

  • Desenvolver os diferentes recursos expresivos.
  • Fomentar a creatividade.
  • Achegar as diferente emocións que nos menciona o conto.
  • Relacionar emoción-cor.
  • Mellorar a expresión verbal e plástica.
  • Perder o medo escénico por medio dunha actividade tan expresiva.
  • Achegar ao mundo do teatro e a representación.
  • Fomentar o traballo en equipo.
Contidos

  • Utilización dos recursos expresivos para acadar unha boa comunicación.
  • Fomento da creatividade e imaxinación.
  • Coñecemento das emocións básicas do día a día: alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor.
  • Perda do medo escénico coa axuda dunha representación teatral.
Elementos da dramatización

Personaxes:
Alba (Nena do conto), Jesús ( Monstro anoxado/vermello), Olaia (Monstro alegre/amarelo e monstro tranquilo/verde) e Alejandra (Monstro triste/azul e monstro asustado/negro).

Acción:
Representación, coa axuda de monicreques de cartón, das diferentes escenas do álbum “O Monstro de cores”.

Argumento:
Relacionar as diferentes cores con elementos da vida real. Por exemplo a alegría cando saltas, bailas, cando sae o sol…
Espazo
Pavillón de  motricidade.
Representación cun teatrillo no que se mostran as escenas do conto.
Emocións
Alegría, tristeza, medo, enfado, calma e amor
Materiais e recursos

  • Caixas de cartón
  • Témperas de cores: amarelo, vermello, verde, rosa, azul, negro e branco.
  • La de cores
  • Cartolinas de cores
  • Pinchomorunos
Descrición da tarefa

A nosa dramatización levarémola a cabo nun teatrillo e con monicreques de cartón, ademais ao lado disto, contaremos cun monstro de cartón ( cun maior tamaño)   que terá moitas las de cores ao seu redor e uns botes de cristal para encher da súa cor correspondente durante a actividade.
Comezaremos repartindo aos nosos compañeiros unhas caretas do cor das emocións e deixando coa intriga de por que facemos iso.
Na  primeira escena  aparece a nena falando co seu amigo o monstro sobre o seu embrollo coas emocións e mostrándolle a súa axuda para solucionalo.
Logo, pediráselles aos compañeiros que tamén nos axuden con ese traballo e cando saia cada emoción, os que teñan a careta desa cor deberán saír e quitarlle o monstro grande a la de cartón correspondente á mesma.
Na segunda escena, comezamos a falar da alegría e colocando o monstro amarelo no teatrillo xunto aos seus amigos os paxariños mentres o equipo amarelo quitará a la amarela e meteráa no seu bote correspondente.
Na terceira escena representase a tristeza. Nela aparecerá o monstro azul xunto cuns peixes e unhas nubes mentres o equipo azul quita a la e introdúcea no seu bote.
Na cuarta escena aparece a rabia e xunto con ela o monstro vermello e os círculos do lume. Entón será o equipo vermello o que quite e coloque a la no bote para axudar ao monstro.
Despois na quinta escena sae o medo e, con ese monstro negro, aparecen as pantasmas e as ramas das árbores. Mentres que se colocan no seu lugar os compañeiros quitarán a la de cor negro e meterana no seu bote.
Na sexta escena, é a calma a protagonista e co noso monstro verde aparecen unhas fermosas flores verdes que inspiran tranquilidade. Será esta case a última la que deben sacar para o seu lugar.
Na derradeira escena, fala de novo a nena co monstro e este móstrase namorado, cun gran corazón e mentres, o equipo rosa terá que sacar a la e outros, colocar no monstro grande, un corazón enorme que rematará a nosa dramatización.
Cando estea todo no teatrillo, as las nos botes e o monstro branco, voarán polos aires corazóns pequeniños que representarán o feliz que está o monstro e nós, de que nos axudaran coas las e co seu enredo.
Logo, faremos preguntas para que nos axuden a recordar cal era a emoción de cada cor e pasaremos ao conto motor coas nosas actividades.
Áreas  de coñecemento
Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
  • Xogo e movemento
  • Actividade e vida cotiá

Linguaxe: Comunicación e representación
  • Lingua verbal
  • Linguaxe artístico
  • Linguaxe corporal
Indicadores de avaliación

  • Son capaces de representar correctamente cada unha das emocións.
  • Utilizan correctamente os diferentes recursos expresivos.
  • Son capaces de relacionar cor e emoción.
  • Son capaces de perder o medo escénico.
  • Achéganse correctamente o mundo do teatro.
  • Desenvólvense ben en equipo.
Representación gráfica

 Monstros de cores 

 Elementos representativos de cada emoción

Monicreques de cada emoción

 Pompóns de cores

 Caretas das emocións

Caretas

Realización do noso teatrillo

Teatrillo

 Representación do teatrillo e os monicreques


 Monicreques da alegría

Monicreques anoxados

Nena 

Monstro de cores


ACTIVIDADES DA DRAMATIZACIÓN

“Desenleando fíos de cores”
Obxectivos

  • Relacionar cada emoción coa súa cor.
  • Desenrolar cada la no momento que aparece na dramatización.
  • Relacionar cada emoción coas sensacións que pode producir.
  • Engadir a la no bote correspondente.
  • Mellorar o traballo en equipo.
  • Facer da actividade un xogo.
Contidos

  • Utilización da la e os botes como elementos representativos para entender as emocións.
  • Coñecemento das emocións diarias e capacidade para saber identificalas.
  • Creación dun xogo simbólico a través dun álbum ilustrado.
  • Fomento da lectura por medio do teatro.
Agrupamentos
Todo o grupo-clase. Formando seis grupos de catro persoas.
Un equipo por cada unha das cores do conto.
Materiais

  • Caretas de cores: Amarelo, azul, verde, vermello, negro e rosa.
  • La de cores.
  • Rotuladores.
  • Pinchosmorunos.
  • Monstro de cartón.
  • Botes de cristal para cada la.

Recursos

  • Compañeiros da aula.
  • Formación de diferentes equipos.
  • Colaboración en equipo.
Descrición da tarefa

Esta actividade levarase a cabo en equipo durante a representación da dramatización. Antes de comezar, repartiremos entre as compañeiras unhas caretas de cartolina de cores e con elas, formaremos diferentes equipos.
Estes equipos serán os encargados, durante a dramatización, de axudar ao monstro de cores co seu embrollo e quitar, con cada emoción, unha la diferente.
Para que se coñeza o proceso, poñemos de exemplo a alegría. No momento no que falemos da alegría e da súa cor amarela, terá que levantarse o equipo amarelo e retirar a la amarela do monstro. Nese momento, terán que introducila no bote e deixar paso ao seguinte equipo.
Indicadores de avaliación

  • Son capaces de relacionar cada emoción coa súa cor.
  • Recordan as sensacións que pode producir cada emoción.
  • Traballan en equipo para acadar os resultados esperados.
  • Teñen capacidade de relación entre a cor e o bote o que pertencen.
Representación gráfica

 Monstro de cores

Embrollo coa la de cores

 Caretas para os compañeiros


Exemplo dos botes coa la de cores



A caixa dos medos
Obxectivos

  • Axudar aos nenos a superar os seus propios medos.
  • Conseguir que os nenos poidan falar dos seus medos cos demais compañeiros.
  • Tratar a emoción do medo por medio do xogo.
  • Achegar familia e escola por medio desta emoción.
Contidos

  • Superación dunha emoción tan complexa como é o medo.
  • Fomento da expresión oral en grupo para a superación do medo.
  • Achegamento familia-escola.
  • Introducir ao alumnado no mundo das emocións.
  • Fomento do xogo.
Agrupamentos
Todo o grupo-clase.
Materiais e recursos
  • Caixa de zapatos
  • Témpera de cor negra
  • Materiais decorativos
  • Elementos que representen o medo
Descrición da tarefa

En primeiro lugar observarán o medo dentro do conto e logo falarase nunha asemblea con eles sobre o tema. Unha vez feito isto, mostrarémoslles diferentes materiais que poidan dar medo ou tarxetas cun debuxo sobre iso e terán que escoller o que lles da medo a eles para metelo na caixa dos medos.
Logo, cando todos estean dentro, sairán un por un a coller un elemento da caixa e preguntarán a quen lle da medo e por que.
Deste xeito, falaremos de todos os medos e buscaremos solucións para cada un deles.
Será unha boa forma de falar de algo que lles ocasiona tantas dificultades porque veno dende o punto de vista de un xogo e iso failles fomentar a ilusión.
Indicadores de avaliación

  • Son capaces de falar dos seus medos diante dos demais.
  • Poñen interese por superar eses medos.
  • Axudan aos seus compañeiros na superación do medo.
  • Toman a actividade coma un xogo máis.
  • Relacionan os seus medos co monstro negro.
Representación gráfica

Exemplo da caixa e os medos que pode ter cada neno ou nena


CONTO MOTOR

Xogamos coas emocións de cores
Obxectivos didácticos
  • Alcanzar unha correspondencia correcta sobre cor e emoción.
  • Utilizar correctamente os recursos expresivos para unha boa representación.
  • Fomentar no alumnado o interese polo teatro e as representacións.
  • Achegar aos nenos e nenas cara a lectura dun xeito novidoso.
  • Enlazar a dramatización co álbum ilustrado.
  • Elaborar materiais apropiados para unha boa representación.
  • Engadir as actividades motrices apropiadas as emocións.
  • Mellorar o interese pola actividade física.
  • Mellorar conceptos relacionados co exercicio.
  • Perfeccionar a coordinación, expresión corporal e recoñecemento dos  espazos.
  • Conseguir un mellor traballo en equipo e colaboración entre o alumnado.
Contidos
  • Resolución de conflitos na aula e mellora das relacións entre os iguais.
  • Mellora das actividades físicas dentro das aulas de infantil.
  • Traballo de conceptos motores para unha mellora da actividade dentro das aulas.
  • Introdución das actividades teatrais.
  • Elaboración de materiais propios e utilización de materiais de ximnasio para un perfeccionamento das actividades.
  • Expresión das emocións a través do corpo.
  • Fomento da atención cara as tarefas dos outros.
Criterios de avaliación
  • Son capaces de desenvolver as actividades propostas.
  • Son capaces de prestar atención a representación e entender a súa relación co álbum.
  • Intentan mellorar a relación cos iguais.
  • Mostran interese polas actividades propostas.
  • Tratan de mellorar as súas posibilidades dentro dos exercicios do conto motor.
  • Cooperan co profesorado para a realización deste traballo.
  • Son capaces de representar as emocións a través do corpo.
Elementos do conto motor
O conto motor estará explicado por os catro compoñentes do grupo e introducirá ao resto de compañeiras nas súas actividades.
Contarase cunha serie de materiais do pavillón como quita medos, espaleiras, colchonetas, globos, paracaídas, pelotas… ou tamén materiais propios coma elementos de cartón ou o propio corpo das persoas (situado segundo as ordes de cada xogo).
Nalgún caso, tamén se contará coa participación do profesorado para que se poida observar como a súa colaboración é importante.
Espazo

Pavillón de motricidade, delimitado en todo momento por elementos presenciais: conos, cordas, bancos suecos… ou elementos do propio solo coma as liñas do chan.

  • Actividade 1: Espazo delimitado por bancos suecos, formando un cadrado non moi grande.
  • Actividade 2: Dúas espaleiras e a distancia ata a liña negra do chan.
  • Actividade 3: Metade do pavillón, delimitado por conos vermellos.
  • Actividade 4: Catro esquinas do campo marcadas por conos máis grandes cos anteriores e de cores.
  • Actividade 5: Metade do campo de fútbol sala.
  • Actividade 6: Espazo non moi grande, delimitado por conos.
  • Actividade 7: Parede dereita do pavillón e  bancos suecos.
  • Actividade 8: Espazo sen delimitar.
Emocións
  • Alegría
  • Tristeza
  • Enfado
  • Medo
  • Calma
  • Amor
  • Todas en conxunto
Materiais e recursos

  • Elementos elaborados con material de refugallo, neste caso cartón, regadeiras e lume.
  • Conos de cores
  • Paracaídas
  • Colchonetas
  • Espaleiras
  • Globos
  • Aros
Descrición da tarefa

O noso conto motor estará formado por diversas actividades. Estas estarán relacionadas entre sí por ter como tema común o noso álbum ilustrado. Nelas traballaremos todas as emocións que o Monstro sente e fomentaremos o traballo en grupo.
Todas son actividades motrices e utilizan unha serie de materiais para poder levarse a cabo, uns serán elementos do pavillón e outros realizados por nós.

Dividimos estas actividades de dous xeitos:
  • As actividades que se dirixen cara unha soa emoción
  • As actividades que se dirixen cara un conxunto de emocións

Posteriormente, describiremos cada unha delas para que se entenda o contido do noso conto motor.
Áreas de coñecemento

Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal:
  • O corpo e a propia imaxe
  • Xogo e movemento
  • Actividade e vida cotiá
  • Coidado persoal e saude

Coñecemento do entorno
  • Cultura e vida en sociedade

Linguaxe: Comunicación e representación
  • Linguaxe verbal
  • Linguaxe corporal

Competencias básicas
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
  • Competencia social e cidadá.
  • Competencia en autonomía e iniciativa persoal.

ACTIVIDADES CONTO MOTOR

Momento inicial, de entrada ou saúdo (Activación)
Non me gusta estar so
Obxectivo motor

  • Mellorar a coordinación por medio da orientación espazo-temporal.
  • Fomentar a coordinación segmentaria.
  • Relacionar a actividade motriz co coñecemento do espazo.
  • Relacionar a actividade coa emoción da tristeza.
  • Fomentar unha mellor relación entre o grupo-clase.
Contidos

  • Mellora dun dos pilares da motricidade como é a coordinación.
  • Coñecemento do entorno e o espazo de traballo.
  • Traballo en equipo para un mellor desenvolvemento motriz.
  • Mellora dos vínculos afectivos entre o alumnado.
Agrupamento
Todo o grupo-clase. Xogarán en solitario pero o obxectivo é atopar unha parella.
Espazo

Pavillón ou ximnasio, cun espazo en forma de cadrado delimitado por bancos suecos.
Materiais e recursos

  • Antefaces
  • Bancos suecos
  • As propias mans de cada un
Descrición da tarefa

Esta será a actividade inicial que dará comezo ao noso conto motor. Xuntaremos ao alumnado nunha asemblea para explicarlles a actividade e, xusto despois, daremos a metade, un anteface. Cando estea rematada a explicación, comezaremos a actividade.
Delimitaremos o espazo cos bancos suecos e dentro deste, terán que moverse cos brazos abertos e buscar unha parella. Como a intención é levar os ollos pechados, deben agarrala e adiviñar (sen sacar o anteface) quen é o compañeiro ou compañeira que colleron. Deste xeito, terán que facer un recoñecemento dos compañeiros e mellorarán a súa coordinación dentro dese espazo.
É unha actividade que nos axuda a identificar o complexo que é estar so, o pouco que gusta a soidade e o ben que nos sentimos cando atopamos a alguén nun momento triste. Ademais, será un bo xogo para fortalecer os vínculos entre o alumnado e axudar a unha mellor relación entre todo o grupo-clase.
Indicadores de avaliación

  • Melloran a coordinación espazo-temporal
  • Conseguiron un bo traballo en equipo
  • Acadaron os resultados previstos na actividade
  • Melloraron o seu desenvolvemento nas actividades motrices
Representación gráfica


Mostra do xogo e da distribución do espazo

Mostra do desenvolvemento da actividade
 (Cando se atopan as parellas e adivinan quen é)

Momento de actividade motriz (Parte principal)
Escalando a polas cores
Obxectivo motor
  • Adquirir habilidades relacionadas co diálogo e a cooperación (traballo colaborativo).
  • Traballar a coordinación e o movemento dos distintos segmentos corporais.
Contidos
  • Moverse polo espazo e resolver os problemas derivados dos distintos materiais que interveñen no xogo.
  • Organizar a información para ser capaces de establecer unha estratexia.
  • Desenvolvemento da atención visual e a orientación espacial.
Agrupamento
Todo o grupo-clase, dividido en grupos de seis compoñentes.
Espazo
O ximnasio ou o pavillón, xa que é necesario un lugar no que poidamos contar con espaleiras e colchonetas.
Materiais e recursos
  • Globos de cores
  • Cinta adhesiva
  • Espaleiras
  • Colchonetas
  • Aros
Descrición da tarefa
O primeiro paso de todos é dispoñer polas espaleiras globos de distintas cores. Unha vez feito isto, colocarase sobre a base das espaleiras unha colchoneta quita medos, que se atará á propia estrutura de madeira para así evitar posibles movementos.
Unha vez preparado o material e o espazo, dividirase ao alumnado participante en grupos de seis persoas, unha por cada cor que aparece no noso álbum (amarelo, azul, vermello, negro, verde e rosa).
Cada grupo colocarase no seu espazo, que virá marcado pola presenza dun aro de plástico no chan.
A actividade é una tarefa de relevos. Daránselles trinta segundos para que entre todos eles se poñan de acordo a ver a por que cor se dirixirá cada un.
Unha vez concluído este tempo, comeza a tarefa. Un a un deberán dirixirse cara as espaleiras, subir á colchoneta, escalar pola estrutura e coller un globo. Unha vez feito isto farán o mesmo camiño, pero a inversa, chocando a man do seguinte compañeiro que sairá a realizar a proba.
Unha vez que todos os integrantes das agrupacións teñan feito isto, comprobarase que cada grupo posúa seis globos, cada un dunha cor diferente.
O que se pretende é buscar o diálogo e a organización entre os integrantes de cada grupo, coa finalidade de conseguir as seis cores que se representan no conto do “Monstro de cores”.
Indicadores de avaliación
  • Amosa coordinación e control dos seus movementos.
  • Participa no xogo amosando destrezas motoras e habilidades básicas (como correr ou saltar)
  • Expresa actitudes de axuda e colaboración cos demais.
Representación gráfica

Representación da actividade e o material

Ensaio da actividade no pavillón
Cubo das emocións
Obxectivo motor
  • Mellorar a súa coordinación ao ter que desprazarse dende a posición inicial ao cubo cun movemento proposto por outro neno ou nena.
  • Afianzar a súa expresión corporal a través de diferentes movementos e xestos que identifiquen unha emoción.
  • Fomentar a atención no que realizan os compañeiros e compañeiras.
Contidos
  • Mellora do desprazamento no espazo.
  • Expresión das emocións a través do corpo.
  • Fomento da atención cara as tarefas dos outros.
Agrupamento
Todo o grupo-clase formando un círculo, e irán participando individualmente nun primeiro momento, e nas repeticións en parellas ou tríos.
Espazo
Pavillón.
Materiais e recursos
  • Un caldeiro
  • Pelotas pequenas de diferentes cores (amarelas, azuis, vermellas, verdes, negras e rosas).
Descrición da tarefa
O alumnado formará un círculo de pé ao redor dun caldeiro que conterá pelotas das cores das emocións.
A mestra comezará ao lado do caldeiro e escollerá unha pelota, por exemplo, amarela, e irá cara o neno ou nena que teña a frecha diante con movementos alegres (bailando, rindo, saltando, …). O alumno ou alumna desprazarase hacia o caldeiro co mesmo movemento e unha vez ali, escollerá unha pelota dunha cor diferente, por exemplo, vermella, e desprazarase gritando, con cara de enfado,... ata o seguinte neno ou nena.
Indicadores de avaliación
  • Son capaces de representar as emocións a través do corpo.
  • Coordinan os movementos do corpo ao imitar aos compañeiros ou compañeiras.
  • Realizan a actividade con entusiasmo.
  • Participan na actividade.
Representación gráfica
Exemplo do cubo das emocións con debuxos reais de nenos de infantil

Coidado que queimo!
Obxectivo motor
  • Progresar no control do propio corpo.
  • Mellorar na coordinación dos movementos.
  • Discriminar os distintos elementos que interveñen no xogo establecendo as relacións necesarias para cada un deles.
Contidos
  • Desenvolvemento da atención visual e a orientación espacial.
  • Asociación dun determinado movemento segundo a acción que se realice.
  • Percibir e comprender as normas establecidas.
  • Participar de xeito activo establecendo unha relación de axuda entre o grupo clase.
Agrupamento
Todo o grupo clase.
Neste xogo poderanse ir engadindo ou quitando elementos que pillen ou salven, en función do número de participantes ou a dificultade que queiramos darlle á dinámica.
Espazo
Unha superficie ampla en forma de cadrado ou rectángulo (segundo a distribución do propio espazo). Para facilitar a comprensión da delimitación a superficie a empregar para a dinámica colocaranse catro conos en cada unha das esquinas do campo de xogo.
Materiais e recursos
  • Regadeiras
  • Fogueiras
(En ambos casos, material elaborado con elementos de refugallo, como cartón)
  • Catro conos
Descrición da tarefa
Para poder levar a cabo esta dinámica necesitamos que de todo o grupo clase, se fagan tres grupos. Dous deles estarán compostos por dúas ou tres persoas (segundo o número total de participantes poderase variar este número) e o grupo restante será o formado polo resto de participantes. Polo tanto haberá dous grupos pequenos e un grande.
As persoas que compoñan un destes grupos pequenos levarán colgado no seu pescozo una fogueira, que será o indicativo de persoa da que temos que escapar, e que polo tanto, irá a por nós.
Mentres que os integrantes do outro grupo cativo levarán cada un deles unha regadeira.
O xogo consiste en que temos que escapar do lume, representado polas persoas que teñen as fogueiras, desprazándonos polo espazo que teñamos dispoñible. Se alguna persoa que leva o lume con ela nos toca, quedaremos convertidos en cacharelas, quedándonos inmóbiles no lugar no que nos colleu e representando o movemento que fai o lume co noso corpo.
E que precisa o lume para poder apagarse? Auga. Ou o que é o mesmo, quen nos salvará se nos convertemos en fogueira? As persoas que teñen as regadeiras. Elas dedicaranse a apagar todas as cacharelas, vertendo sobre elas auga. É dicir, se unha persoa colle a outra e a converte en lume, a persoa que foi pillada ten que agardar por outra, que teña unha regadeira e que a regue. E como se rega? Colocando a regadeira sobre a cabeza da persoa prendida e contando ata cinco en voz alta. Se se logra conseguir, a persoa deixa de ser lume e ten a oportunidade de volver a escapar.
Pero ollo! Se algunha das persoas que pilla (lume), logra coller a alguén que é auga (regadeira), os papeis cambiaranse.
A dificultade desta dinámica pódese modificar, segundo o número de persoas que representen o lume e as que representen a auga. Ou mesmo ampliando ou reducindo o espazo do xogo. Outra variable coa que podemos xogar é eliminando as regadeiras se o lume logra collelas.
Indicadores de avaliación
  • É capaz de distinguir e realizar os distintos movementos característicos do xogo.
  • Amosa coordinación e control dos movementos e dos distintos segmentos corporais.
  • Mostra control sobre o espazo, comunicándose cos demais participantes.
Representación gráfica

Representación do xogo por medio dun power point

Os nosos materiais de refugallo

Como te sentes?  
Obxectivo motor
  • Traballar a coordinación auditiva e corporal, identificando as emocións a través da música e a representación das mesmas.
  • Mellorar as relación do grupo fomentando a cooperación e o traballo en equipo.
Contidos
  • Representación das emocións a través do corpo.
  • Coñecemento de si mesmo por sensacións mediante estímulos auditivos e visuais.
Agrupamento
O grupo-clase dividido en 4 grupos segundo as cores do paracaídas.
Espazo
Pavillón ou espazo exterior.
Materiais e recursos
Descrición da tarefa

Segundo as cores dos globos que cada un recolleu no xogo “Escalando a polas cores” o alumnado colocarase nas cores correspondentes do paracaídas. Pero como a tea non ten cor negra nin rosa, esas persoas distribuiranse equitativamente por todas as cores. Cada cor representa unha emoción  e unha música, como xa escoitamos no conto do “Monstro das cores”.
Poremos a música e o alumnado deberá identificar a emoción á que corresponde. O alumnado elevará o paracaídas mentres que os nenos e as nenas que se atopen nesa cor, deberán cambiar de lugar por debaixo do mesmo saudándose con cara e voz de alegría, tristeza, rabia,... segundo corresponda. Como o paracaídas non ten cor negra, cando soe a música de medo, todo o alumnado deberá soltar o paracaídas e quedarse como estatuas con cara de asustados ata que a música cambie.
Unha vez que todo o alumnado participe, diremos Rebumbio!!! e todos e todas deberán elevar o paracaídas e cambiar de cor.
Cando os nenos e nenas teñan a actividade interiorizada, o que faremos é introducir unha pelota que teñen que mover. Cando saia a pelota por unha das cores, levantan o paracaídas e os nenos e nenas que estaban colléndoo por esa cor, métense dentro e figuran sentir esa emoción. Se a pelota se cola polo medio, deixan o paracaídas no solo e escenifican a alegría, tristeza,... segundo lles corresponda e cambian de lugar.
Indicadores de avaliación:
  • Son capaces de asociar a música ás emocións.
  • Recoñece as representacións das emocións.
  • Participan na actividade.
Representación gráfica
 Exemplo da colocación para esta actividade

Exemplo de situación ao escoitar a música do enfado

Estoupando os nosos medos
Obxectivo motor

  • Coñecer o entorno sen contar cun campo visual.
  • Mellorar o desprazamento por un espazo cun anteface.
  • Mellorar o traballo en equipo e a colaboración entre eles para acadar un fin.
  • Relacionar a actividade coa súa emoción correspondente.
  • Perder o medo os globos por medio dun xogo.
Contidos

  • Coñecemento do entorno.
  • Mellora dos desprazamentos polo espazo.
  • Fomento do traballo en equipo.
  • Traballo das emocións por medio do xogo.
  • Superación dos medos.
Agrupamento
Grupo- clase. Cada un desprazarase so polo espazo en busca dunha  parella.
Espazo
Pavillón ou espazo aberto. Estará delimitado por uns conos para facer máis sinxela a tarefa.
Materiais e recursos

  • Antefaces
  • Globos
  • Pictogramas cos medos
  • Álbum ilustrado “O gran libro dos medos do rato pequeno”
  • Conos
Descrición da tarefa

Nesta actividade, a metade da clase levará un anteface mentres que a  outra metade levará un globo nas súas mans cun pictograma dos medos dentro.
O obxectivo principal desta é fomentar o traballo por parellas e a superación dos medos que cada un deles poida ter para poder poñerlles nome. Por iso, en cada globo aparecerá un pictograma co medo correspondente e, por atrás, o nome deste medo.
Primeiro, faremos unha división do grupo clase e explicarémoslles que deben buscar, nun espazo determinado, unha parella. Cando o fagan, a mestra abrirá o globo correspondente (se non lles da medo estoupalo, poden facelo eles mesmos) e xuntos observarán o medo que lles tocou. Esto pode dar pe a unha futura asemblea falando dos medos e propoñendo ideas para superalos ou tamén pasar a outros xogos similares sobre o tema do medo, posto que é unha das emocións máis complexas para eles.
Indicadores de avaliación
  • Son capaces de identificar os medos.
  • Melloraron no seu traballo en parellas.
  • Superaron os seus medos durante a actividade.
  • Cooperaron na actividade.
  • Melloraron a súa capacidade motriz.
Representación gráfica




Globos e pictogramas que mostran como sería o xogo



Nomes dos medos e o seu significado

Imaxinamos a situación:
Neno con anteface atopa a nena co globo e descobren o estoupalo que no seu interior atopase a teratofobia (Medo os monstros).

Buscando o mostro de cores
Obxectivo motor
  • Coñecer novas indicacións de dirección dentro da actividade.
  • Seguir as indicacións dos compañeiros para acadar un bo resultado.
  • Eliminar os medos por medio dalgo tan fermoso como o xogo.
  • Mellorar o coñecemento das cores.
  • Relacionar cada cor coa súa emoción.
  • Mellorar a confianza entre o alumnado.
Contidos
  • Introdución de diferentes indicacións de dirección no xogo: Diante, detrás, cara un lado, cara o outro, dous pasos máis…
  • Eliminación dunha angustia tan complexa para os nenos como é o medo.
Agrupamento
Participa todo o grupo clase pero a actividade será realizada por parellas.
Espazo
Dentro do pavillón situarase un espazo delimitado para non dispersar o grupo.
Materiais e recursos
  • Antefaces
  • Monstro de feltro
  • Círculos das emocións
  • Belcro (no monstro e nos círculos)
Descrición da tarefa:

Esta é unha actividade sinxela para traballar o espazo e a dirección. Con indicacións simples, un dos compoñentes da parella estará cos ollos tapados polo anteface e terá que atopar o monstro segundo as indicación que o outro lle vai dando.
A persoa co anteface levará círculos coas emocións (un de cada cor e cun belcro) para pegar no monstro de feltro, grazas as indicacións do seu compañeiro, e completar a actividade.
Indicadores de avaliación
  • Ser capaces de comprender as sinais de dirección indicadas.
  • Conseguir aumentar a confianza no compañeiro.
  • Ser capaces de colocar no monstro os círculos correspondentes.
Representación gráfica
Representando a nosa actividade:
A nena está dirixindo ao nenos para que chegue o monstro e poida colocarlle, os círculos, no seu corpo.


Momento de relaxación ou despedida (Volta a calma)
Unha fermosa aperta rosa
Obxectivo motor
  • Mellorar as relacións persoais cos compañeiros.
  • Eliminar as barreiras afectivas
  • Fomentar a volta a calma despois dun exercicio físico máis activo.
  • Traballar o fin do conto por medio dunha actividade motriz que represente o amor.
Contidos
  • Mellora das relacións persoais e o traballo en grupo.
  • Inclusión dun álbum ilustrado dentro das actividades motrices.
Agrupamento
Todo o grupo clase
Espazo
Na aula de psicomotricidade o espazo non terá que estar delimitado, xa que a finalidade é que se vaian xuntando todos.
Materiais e recursos
Pequenos corazóns de cartón de cor rosa.
Descrición da tarefa
Con esta actividade de volta a calma o que se pretende é que cada un da clase teña un corazón de cartón e terá que ir en busca de alguén que tamén o teña; unha vez que o atope terán que intercambiar os corazóns e darse unha aperta.
Será unha forma de conseguir unha mellor unión do grupo clase e rematar o conto motor do mesmo xeito que remata o álbum ilustrado “O Monstro de cores”.
Indicadores de avaliación
  • Son capaces de mellorar as relacións persoais cos compañeiros.
  • Conseguiron eliminar as barreiras afectivas e achegarse a outras persoas menos afíns.
  • Son capaces de poñer en práctica o conto nunha actividade física.
Representación gráfica

Xogo na aula (Cada un terá un corazón da mesma cor)

Deberá buscar a parella, intercambiar o corazón e darse unha aperta


Indicadores de avaliación das actividades:
0= Non
1= En proceso
2= Si
(Non están en cada táboa pero son os mesmos para avaliar cada unha das nosas actividades)

Con este percorrido polas nosas actividades, damos por finalizado este traballo. Esperamos que todas elas fosen de interese e que o Monstro de cores quede no voso recordo por moitos anos porque como ben sabemos, as emocións son unha materia fundamental na educación infantil.





No hay comentarios:

Publicar un comentario