lunes, 18 de abril de 2016

O mundo de Anna Llenas


Anna Llenas

Anna Llenas, nacida en Barcelona, é graduada en Deseño Gráfico pola Escola Llotja, ademais de ser licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Autónoma de Barcelona.

No que respecta a súa profesión, comezou a súa andaina no sector da publicidade como directora de arte no Grupo Bassat Ogilvy, un dos líderes de comunicación en España, pero chegado un momento, decidiu emprender o seu propio camiño.

Despois de especializarse en ilustración pola Escola Eina, comezou a crear os seus propios produtos e comercializalos a través de distintas canles. Ademais disto, tamén desenvolveu distintos proxectos gráficos para coñecidas marcas como Nestlé, La Vanguardia ou a Generalitat de Cataluña, entre outras.
Durante estes últimos anos formouse en Psicoterapia polo Arte e Formación Psicosocial na Universidade Pompeu Fabra y, actualmente, exerce como profesora e arteterapeuta especializada en arte e educación emocional. Llenas é a autora e ilustradora de albumes ilustrados que axudan, tanto a grandes como pequenos, a somerxerse no mundo das emocións, sendo traducidas a infinidade de linguas e chegando a multitude de países do mundo.


Entre as súas obras atópanse:

-          Llenas, A. (2016). Laberinto del alma. Barcelona: Fanbooks. Grup 62.
-          Llenas, A. (2015). Vacío. Cádiz: Barbara Fiore.
-          Llenas, A. (2015). Te quiero (casi siempre).Barcelona: Estrella Polar.
-          Llenas, A. (2014). Diario de las emociones. Barcelona: Paidós.
-          Llenas, A. (2014). O monstro das cores pop-up. Barcelona: Flamboyant.
-          Llenas, A. (2012). O monstro das cores. Barcelona: Flamboyant.
-          Llenas, A. (2012). Se eu fose un  gato.Pontevedra: OQO.
-          Llenas, A. (2011). El sol llega tarde. Barcelona: El Cep i la Nansa.
-          Llenas, A. (2011). Què et passa, Miola?. Barcelona: Cruïlla.
-          Llenas, A. (2010). La ratoncita al circo. Barcelona: Lynx



Esta autora non para de sorprendernos, coñecemos dúas obras dela (O monstro das cores e Te quiero (casi siempre)) e agora imos a mostrar as que están relacionadas coa educación en valores:

Laberinto del alma (2016)


Fala das diferentes caras, pensamentos e sentimentos polos que pode pasar o ser humano, 58 emocións e estados de ánimos expostos dunha maneira moi sinxela e descritiva. Danos a oportunidade de darlle nome ao que estamos sentindo. É un emocionario ilustrado da mellor maneira e o que fai é definir o que nos está acontecendo e o que estamos experimentando. Serve tanto para nenos e nenas como para adultos. 

Opinión sobre o libro

Vacío (2015)



Fala dunha nena que vive feliz e de pronto sufre situacións desagradables que lle provocan un burato que non é capaz de encher  polo que se centra en buscar o que hai no seu interior e aceptando o que lle está a pasar. A vida está chea de encontros e perdas, unhas máis importantes que outras e temos que saber identificalas e aceptalas. Trata sobre todo a capacidade de sobrepoñerse á adversidade e encontrarlle un sentido.

Te quiero (casi siempre) (2015)



Fala de dous individuos cunhas características moi diferentes que ás veces se queren e outras non se entenden. Axuda a comprender a diversidade e a aceptala, porque se gustan e aceptan como son aínda que ás veces lles molestan. Ensina ao alumnado a que non é moi fácil aceptar aos individuos como son, pero que debemos adaptarnos e poñernos no lugar dos demais para coñecer mellor a súa realidade. Esta obra parécenos que representa moi ben a capacidade de adaptación que ten o ser humano para amoldarnos e así aceptar aos demais como son. 

As veces quérense como son, outras non tanto pero a pesar de todo...Querense.
                       



Diario de las emociones (2014)



Con este álbum interactivo seremos capaces de identificar as nosas propias emocións, recoñecéndoas e expresándoas dunha forma divertida e práctica. Todo isto conseguirémolo a través dunha serie de exercicios, cos que dunha forma creativa, poderemos saber como encaixar os nosos sentimentos, tanto positivos como negativos. Isto fará posible que podamos coñecernos máis a nós mesmos.

El monstruo de colores en pop –up  (2014)


Marabillosa adaptación do monstro das cores en tres dimensións. Mostra dunha maneira moi ilustrativa as emocións a partir das metáforas coas que as describe.

Cando estás alegre, triste, enfadado, con medo, en calma... Sentimentos e emocións tan complexas e tan ben explicadas neste libro.       
                                             


El sol llega tarde (Ilustracións de Anna LLena, 2011).


Libro con ilustracións moi vivas e que mostran dunha maneira moi representativa a historia do sol. Ademais este libro como todas as publicacións da editorial Carambuco, veñen en lingua de signos e cun dvd co conto signado.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario