sábado, 6 de febrero de 2016

Reseña de "O Monstro das cores"

LLENAS, A (2012). O Monstro das cores. Barcelona: Flamboyant.




O Monstro das cores fíxose unha maraña coas súas emocións. Agora o que necesita é 

desfacer este difícil enredo.




Para traballar as emocións, a autora relaciona cada un dos sentimentos cunha cor 

representativa, ademais de establecer sinestesias, unha figura retórica mediante a cal 

se lle atribúen a un obxecto características que se perciben por medio dos sentidos, 

por exemplo adxudicándolle á alegría trazos propios do sol ou á rabia aspectos 

relacionados con lume.

As emocións son un dos aspectos fundamentais nas nosas vidas e teñen especial 

importancia, sobre todo na etapa de Educación Infantil, xa que é cando comezamos a 

formar a nosa personalidade. Por iso entendemos que é necesario que se atendan, 

axúdanos esta historia a iso.

En relación co anterior, entendemos que para moitos pais e nais o tema das emocións 

é moi difícil de tratar e,  incluso nalgúns casos, para nós como mestres. Por este 

motivo debemos coidar a identificación e a capacidade resolutiva dos seus 

sentimentos. 

Con este álbum ilustrado non so abordamos o tema dunha forma motivadora, senón 

que fai que entendan facilmente o que se sente en cada un dos estados de ánimo, 

acertando a autora a explicalas a través das cores dunha maneira sinxela. Esta 

definición das emocións a partir de algo que xa é coñecido, como o son as cores, 

axudará a identificar cada unha delas con maior facilidade.

Ademais, é moi útil para que os nenos e nenas entendan  que chorar, estar triste ou 

sentir medo non é nada malo, xa que todos os sentimentos xorden por algo e debemos 

xestionalos da mellor maneira posible. Xunto con isto, aprenderán que as emocións 

son imprescindibles na vida e que expresalas é moi bo, xa que exteriorizan o que lles 

pasa.




A pesar de ser un libro dirixido a público infantil, a nós como adultos tamén nos 

axudou a comprender que expresar as nosas vivencias é necesario e axuda a afrontar o 

que nos está a suceder e buscarlle a solución máis beneficiosa para nós, polo que 

debemos facelo de adultos. Dicimos isto, porque entendemos que a medida que 

maduramos, perdemos a capacidade de expresar os nosos sentimentos e emocións, xa 

que as convencións sociais vannos encamiñando a ocultar as mesmas. Ademais, 

 tamén se mostra a importancia de deixar que os demais nos axuden a identificar os 

sentimentos se temos unha sela nos nosos miolos, como lle pasa ao monstro, pedindo 

achega se a necesitamos. 

Por estes e outros motivos sentimentais, esta obra é unha das nosas favoritas para 

traballar na aula xa que, para ser adultos felices debemos coidar a capacidade de 

asimilación das nosas emocións xa dende a etapa infantil.

miércoles, 3 de febrero de 2016

Vídeo: O monstro de cores


Sabemos distinguir as emocións?

Con este vídeo, a autora do álbum ilustrado Anna Llenas, fainos un percorrido pola historia do Monstro de cores.


lunes, 1 de febrero de 2016

O monstro das cores






(Imaxe da ilustradora do álbum ilustrado: Anna Llenas)

Libro: Monstro de cores

Autora: Anna Llenas
Ilustradora: Anna Llenas

Editorial: Flamboyant